A cultura mariñeira invadirá de novo as rúas de Ribeira

RIBEIRA> Esta mañá presentábase en Ribeira unha nova edición da Feira Artemar.

Desenvolverase esta semana, dende o xoves ata o domingo, nas rúas peonís e anexas ó Concello, cun amplo abano de actividades para satisfacer a todo tipo de públicos con música, animación de rúa, espectáculos infantís, exposicións…

Dende o Concello fan unha chamada a participar na Feira, na que se dá tamén unha fonda implicación do tecido asociativo e empresarial da vila.

Este ano o Concello decidiu atender tamén as demandas de moitos veciñs de anos anteriores e permitirá a entrada de vehículos a vivendas e garaxes naquelas zonas durante a feira na que estará instalado o mercado.

Como en anos anteriores realizaranse novamente os concursos de escaparatismo e decoración.

Entre a gran oferta lúdica destacan tamén os talleres demostrativos de oficios ou o recuncho artístico. Estará emprazado na propia praza do Concello, e nel participarán catro artistas locais: Teresa Argibay, María Goretti Bello, Antonio Pérez e Jontxu Argibay.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí