A venda de entradas para o EncestaRías marcha a bo ritmo

VILAGARCÍA> Á falla de algo máis dunha semana para a celebración do Torneo EncestaRías, que terá lugar no pavillón vilagarcián de Fontecarmoa, do 11 ó 13 de setembro, a expectación que está a suscitar esta cita deportiva é moi elevada, e só basta con observar o ritmo de venda de entradas. A posibilidade de poder ver en directo a tres clubs ACB, como son o Río Monbus Obradoiro o Herbalife Gran Canaria e o Movistar Estudiantes, está a levantar tamén un enorme interese fóra do noso ámbito territorial. Proba diso é que a organización está a recibir numerosas chamadas de Madrid, en concreto da afección da ‘Demencia’, moi interesados en desprazarse esa fin de semana ata Vilagarcía. Só se porán á venda unhas mil entradas, polo que dende a ADC EncestaRías apuntan a que os interesados en adquirir o abono para as tres xornadas, a un prezo de trinta euros, poden dirixirse ás clínicas Vitaldent de Vilagarcía, Santiago, Pontevedra e Vigo ou a través da web www.masterseniorleague.com.