O mercado do galo de curral de Meis fai 10 anos aumentando a súa demanda

MEIS> A feira do Galo de Curral de mes fai 10 anos cun constante crecemento nas súas vendas. A media mañá, as criadoras xa tiñan practicamente todos os galos vendidos. Entre as compras na praza de Meis e os encargos, as vendedoras superan as 200 pezas de produto repartido.

Dez anos despois do seu comezo e estreándose na nova praza de abastos da vila, o mercado  do curral de Meis regresou polo nadal. A feira non deixa de aumentar cada ano a súa demanda, e a media mañá, as criadoras xa tiñan practicamente todos os galos vendidos.

Entre as vendas anticipadas e as da feira, as criadoras reparte máis de 200 galos.

Os prezos dos galos mantéñense nos 10 euros o quilo, cada peza pode chegar a pesar entre 4 e 6 quilos.

Para que teña dúbidas de si acompañar ou non as súas comidas e ceas con estes galos, as vendedoras comparten as claves do éxito deste produto.

Tamén aconsellan algunha maneira para preparalo.

As vendedoras fan un balance moi positivo dos dez anos que levan celebrando a feira. Sinalan que a boa acollida do produto é unha recompensa ao traballo que realizan durante todos os anos criando aos galos. Un traballo que  se ve reflexado cun alimento da zona, de calidade e saboroso.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí