![]()
PONTEVEDRA> Desta forma, a caixa de aforros aplicará unhas condicións financeiras especiais ós comercios asociados.
{flowplayer}images/salnes/CAIXANOVA_AJE.flv{/flowplayer}
Tras varios anos de colaboración con resultados satisfactorios, Caixanova e a Asociación de Xoves Empresarios firmaron os convenios de colaboración e desenvolvemento de proxectos. Aínda que hoxe procedeuse á sinatura, ámbalas partes afirmaron que o diálogo e a participación vense dando desde xaneiro. O acordo está basado en dúas liñas de actuación moi concretas; a financieira e a social, para a creación de emprego.
Dende Caixanova reafirman que pese á crise, a entidade colabora cos xoves emprendedores para lograr desenvolver os sectores económicos e conseguir unha mellora da economía.
O presidente da asociación de xoves empresarios de Pontevedra, mostrouse moi satisfeito co convenio firmado con Caixanova, e afirmou que, sen axudas deste tipo, os novos empresarios non terían lugar na economía.
Entre as vantaxes do acordo, está a posibilidade do pago fraccionado, sen intereses ni comisións para o cliente, en prazos de ata 12 meses.
Redacción Salnés









