Varela avoga pola innovación cultural para activar o país

[

premios_cultura100.jpgPONTEVEDRA> O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, asistiu ó acto de entrega dos Premios Provinciais á Cultura.

{flowplayer}images/salnes/premios_deputacion.flv{/flowplayer}

PONTEVEDRA> O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, aposta por poñer en marcha políticas innovadoras en materia cultural para activar e revitalizar o país.

Así o dixo onte á noite en Pontevedra no acto de entrega dos Premios Provinciais á Cultura, que convoca cada ano a Deputación. O titular de Cultura encabezou o acto xunto ó conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda e mailo presidente da Deputación, Rafael Louzán.

Os premios deste ano recaeron na Fundación Casa Museo A Solaina de Piloño, en Vila de Cruces, na Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, no Concello de Campo Lameiro e na Asociación Cultural Perla de Arousa, de Vilagarcía. Esta última recibiu o galardón Premio á música popular César Dios Diosiño.

Onte tamén se entregaron os premios Novos Valores 2009, destinados a novas promesas do arte, e cos que a Deputación continúa unha longa tradición de mecenazgo, iniciada a principios do século 20. A cerimonia incluíu ademais a entrega dos 9 Premios Provinciais á Investigación 2008.

Redacción Salnés