Luís Rei: ‘Os tempos do lorismo chegaron ao seu fin’

Pontevedra> Inicio do curso político para o grupo Marea Pontevedra. Hoxe o voceiro e a coordinadora deste partido na cidade presentaron as liñas a seguir nos vindeiros meses. Rei ten claro que a época do Lorismo xa rematou e que agora, dende o seu partido se porán a traballar a través do diálogo e da transparencia coa cidadanía.

Inicio do curso político para Marea Pontevedra. Luis Rei e Peque González, voceiro e coordinadora do partido na cidade ofreceron unha rolda de prensa nesta xornada onde deron a coñecer as liñas deste grupo de cara aos vindeiros meses e tendo como meta as eleccións locais do 2019.

Rei ten claro que o diálogo e a transparencia estarán entre as liñas e puntos estratéxicos da Marea nos vindeiros meses.

De cara aos vindeiros meses Marea Pontevedra ten claro que fiscalizará a acción do Goberno

En relación ao 2019 márcanse como obxectivo poder chegar a Gobernar e acabar así coa época do Lorismo que xa está estancada, segundo Rei. O voceiro da Marea dixo que na actualidade teñen certo desencanto co BNG ao deixar no aire compromisos pechados dende o ano 2017.