OUTES> A alarma saltou cando apareceu a súa embarcación baleira, co motor acendido e as luces prendidas nas inmediacións da Illa da Creba.
Durante toda a xornada continuou a busca de Cándido Méndez Castro, un marineiro de Noia de trinta e seis anos desaparecido no día de onte cando faenaba na procura de camarón na ría de Muros.
A alarma saltou ao redor das sete do serán do pasado xoves cando apareceu a súa embarcación, unha pequena lancha chamada ‘Salvador’, baleira, co motor acendido e as luces prendidas nas inmediacións da Creba.
{flowplayer}/barbanza/buscadesaparecidonoia.flv{/flowplayer}
Inmediatamente conformouse un dispositivo de rastrexo no que tomaron parte o helipcótero ‘Pesca 1’, membros das confraría de Noia, Muros e Portosín e efectivos de Protección civil de Outes e Noia que buscaron ao desaparecido ata ben entrada a madrugada, cando se suspendeu a busca.
Unas botas e unha lanterna
Os labores para tentar localizar ao mariñeiro noiés reanudáronse ao día seguinte a amencida. Ao amplo operativo despregado esta mañá súmaronse o helicóptero Helimer, a embarcación Salvamar “Sargadelos” e ‘Don Inda’, axentes e mergullados da garda civil, policia local e protección civil de Noia e Outes, asi como numerosos voluntarios e integrantes da confraría San Bartolomé de Noia que axudaron a buscar no bordo do litoral.
Ao longo da mañá atopáronse varios obxectos da súa propiedade, como unha lanterna, unhas botas e caldeiros con carnada. Os achegados, que xa non confian en atopalo con vida, barallan un accidente como a hipotése máis probable da súa desaparición.
Cándido Méndez era moi coñecido na vila de Noia, xa que ademáis de desenvolver a súa actividade profesional na localidade, foi concelleiro do BNG na corporación local en 2002. Ademáis, nesa época, tamén foi o representante do concello de Noia na Plataforma Nunca Máis durante a catástrofe do ‘Prestige’.
Redacción Barbanza