Noia: capital internacional do circo co Retruke 2013

 NOIA> Os espectáculos acrobáticos e as actividades circense desenvolveranse polas rúas da vila os días 3, 4 e 5 de maio.

{flowplayer}barbanza/presentacionecontrointernacionalcirconoia.flv{/flowplayer}

Máis dun cento de artistas e malabaristas de distintas procedencias daranse cita esta vindeira fin de semana en Noia para participar no terceiro Encontro Internacional de Malabares, Retruke 2013. A iniciativa que se desenvolve na vila noiesa por segundo ano consecutivo está organizada pola concellería de Cultura e a asociación Novo Circo Galicia.

Artistas de talla internacional

Ó longo de tres días: venres, sábado e domingo, en horarios de mañá, tarde e noite, celebraranse actuacións de rúa, galas de circo, concertos, pasarrúas e obradoiros. Na cita xa confirmaron a súa asistencia artistas circenses como Loco Brusca, a compañía Dando Tumbos, os Hermanos Inconfundibles ou Vueltos de Rosca.

Dende a concellería de Cultura confían en que a iniciativa, que xa está asentada no calendario de actividades do concello, sexa un éxito, polo que convidan a achegarse a Noia esta fin de semana. O espectáculo está garantido.

Redacción Barbanza