Condes de Albarei presenta o Albariño Pazo Baión 2008

    pazo_baion_copia100.jpgCAMBADOS> É o primeiro viño elaborado con uvas procedentes, exclusivamente, do Pazo. Nun primeiro momento, vai partir cunha produción limitada de 25.000 botellas.

    {flowplayer}images/salnes/VINO_PAZO_BAION.flv{/flowplayer}

    Albariño Pazo Baión 2008 é a culminación dun importante esforzo realizado por tódolos viticultores de Condes de Albarei, así como do resto das persoas que están totalmente involucradas neste proxecto.Trátase dun monovarietal de Albariño no que se mimou a materia prima, a elaboración e o embotellado.

    Para a súa creación, seleccionáronse só as mellores uvas do Pazo de Baión, que definen a calidade dunhas cepas de máis de 40 anos.

     Este viño de pago conta cun intenso perfume varietal de uva de Albariño, onde dominan os aromas florais e frutais.

    Pazo Baión 2008, sae ó mercado cunha produción limitada de 25.000 botellas cun moderno e elegante deseño. O prezo do viño en tenda, roldará os 20 euros. O xerente de Condes de Albarei, afirmou que con este albariño abrirase un novo mercado de exportación

    A actividade complétase co desenvolvemento dunha importante labor social, o 5% das ventas deste viño destinaranse a programas de loita contra a droga.

     Redacción Salnés