O concello de Boiro prohibirá o ‘botellón’ na rúa para evitar altercados

    xuntanzahostaleiroboiro.jpgBOIRO> Esta decisión adoptouse no decurso dunha xuntanza que mantiveron representantes do sector hostaleiro da localidade e integrantes do executivo local.

    Un número importante de hostaleiros de Boiro acudíu á chamada realizada dende o concello para tratar a necesedida de atallar o cariz violento que tomou a movida nocturna a raíz dos episodios da pasada fin de semana, que se saldou con varios feridos.

    A boa sintonía existente durante o encontro culminou con compromisos por ámbalas dúas partes. Dende o concello, desenvolverán unha ordenanza para prohibir o consumo de bebidas alcólicas na rúa.

    {flowplayer}barbanza/xuntanzahostaleiroboiro.flv{/flowplayer}

    Pola súa banda, os empresarios comprometéronse a impedir a saída do local con bebidas facendo extensiva a prohibición de beber na rúa. Ó mesmo tempo, incrementarase os efectivos de seguridade durante as noites da fin de semana. Para elo, a subdelegación do goberno xa amosou a súa total disposición de medios, tal e como lle confirmou o propio subdelegado ó tenente de alcalde, Xoán Xesús Ares.

    O que tamén teñen claro as dúas partes é que non se pode resposibilizar ó sector deste tipo de sucesos que acontecen de maneira puntual. Agardan que coa posta en marcha destas medidas se garanta unha maior seguridade na movida de Boiro, que sempre se caracterizou polo bo ambiente a profesionalidade dos hostaleiros.

    Redacción Barbanza