Detido o presunto autor de dous incendios na Pobra

A POBRA> A Policía Autonómica detivo ó presunto autor de dous incendios forestais acontecidos na Pobra os días 5 e 14 de Agosto.

A investigación conclúe que os lumes, que calcinaron ó redor de 3600 metros cadrados de superficie arborada, foron provocados de xeito intencionado preto dunha zona recreativa e aproveitando a dirección do vento para que as lapas se propagaran con maior rapidez.

A colaboración cidadá foi clave para esclarecer o suceso posto que a declaración de varias testemuñas permitiu a identificación e posterior detención do presunto autor dos feitos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí