Novo enfrentamento entre PP e PSdG polo hospital de O Salnés

    hospital_copia100.jpgSALNÉS> O PP de Vilanova,  esixe ós socialistas seriedade e decencia no debate sanitario. O PSdG afirma que os populares van afundir o hospital.

    {flowplayer}images/salnes/PSOE_AROUSA.flv{/flowplayer}

    Na xuntanza da comisión executiva e dos secretarios locais do PSdG de O Salnés, o tema principal foi a sanidade na comarca. Os socialistas afirman que a presión exercida sobre PP conseguiron que non condenen ó Hospital do Salnés ó afundimento.

    Modesto Pose declarou que coa emenda de dous millóns de euros presentada polo PSdG para manter o plan director do hospital lograron que o PP rectificara os seus orzamentos.

    O deputado socialista sinalou que non está convencido de que a emenda se leve a cabo, pero que o partido vai estar vixiando os pasos dese millón de euros para o complexo hospitalario.

    Pola súa banda, o partido popular de Vilanova esixe responsabilidades políticas e a dimisión dos que, definen como os verdadeiros culpables da demora da ampliación do hospital. Os populares culpan ós socialistas de ter pouca decencia política no debate sanitario. Así solicitan a dimisión daqueles que durante o bipartito non fixeron nada por mellorar o Hospital de O Salnés e agora, sinalan, axitan as bandeiras.

    Redacción Salnés