O BNG aposta por ser a voz de Galicia en Madrid

BOIRO> As formacións políticas continúan en plena campaña para as eleccións xerais do vindeiro 28 de abril. Un dos actos máis destacados no Barbanza vivíase en Boiro. Ata alí achegouse a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, que incidiu na importancia de acadar representación en Madrid para darlle voz a Galicia nos asuntos que realmente nos interesan.

A caravana nacionalista fixo parada onte pola noite en Barbanza cun acto multitudinario en Boiro. ata alí achegáronse os pesos pesados da formación, como é o caso da voceira nacional, Ana Pontón, ou o cabeza de lista ó Congreso pola Coruña, Néstor Rego. Os dous incidiron na importancia destas eleccións e acadar representación en Madrid, para poder ser decisivos no Estado e darlle voz ó sector pesqueiro e marisqueiro e mellorar as condicións laborais da xente do mar.

De igual xeito se mostrou na súa intervención o candidato ó Senado, Xosé Deira. Segundo el o BNG é a única forza política que garantirá que Galicia teña voz propia en Madrid para defender tódolos temas que lles afectan.