Última oportunidade para conseguir os créditos para Alfageme

    alfageme_copia100.jpgSALNÉS> As plantillas de Alfageme en O Grove e Vilaxóan continúan protestando pola grave situación na que se encontra a empresa.

    {flowplayer}images/salnes/CONSERVAS_PENA.flv{/flowplayer}

    A agónica situación do grupo conserveiro Alfageme, levou ás plantillas de Conservas Peña e Marsac a mobilizarse unha vez máis. O obxectivo é chamala atención da Administración para que axilice os créditos que contribúan a salvar os case trescentos empregos da firma. Dende  Comisión Obreiras advirten que hai moito en xogo e que non van ficar cos brazos cruzados.

    O sindicato reuniuse coa alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García, que manifestou todo o seu apoio ós traballadores nesta difícil situación.

    Fernando Ramos afirmou que se a empresa sae a concurso de acredores, non hai posibilidade de supervivencia.

    Os traballadores aínda están á espera dunha reunión coa Consellería do Mar, de Traballo, e o IGAPE. Na actualidade o grupo conserveiro Alfageme está traballando de forma descontinua. Non hai cartos nin para nóminas nin para as materias primas.

     Redacción Salnés