Jorge e Isabel, adestramento fronte ao coronavirus e a neurosarcoidosis

RIBADUMIA> O confinamento faise máis necesario para aquelas persoas con patoloxías previas. É caso de Jorge Castro que sofre neurosarcoidosis, unha enfermidade que lle afecta a todo o organismo. Para frear os efectos da súa enfermidade é necesario seguir unha rutina de exercicios. Por Jorge e a súa muller improvisaron un ximnasio na súa propia casa.

O Covid 19 afecta de maneira máis perigosa a aquelas persoas cunha alta idade ou con patoloxías previas, por iso o seu confinamento e coidado faise máis esencial. Nesta situación atópase Jorge Castro, un veciño de Ribadumia afectado de neurosarcoidosis.

Para frear os efectos desta enfermidade é necesario que Jorge siga unha rutina de exercicios. Por iso todos os días desprazábase ao ximnasio de Vilagarcía.

O Covid 19 obriga a Jorge a non saír da casa por precaución. Unha situación que non impide que continúe coas súas rutinas. O fai grazas ao apoio e a forza da súa muller Isabel, que se encargou de prepararlle un ximnasio na casa e lle axuda coas súas rutinas de exercicios.

A superación diaria é unha constante na vida de Jorge dende que apareceron os primeiros síntomas no 2004. Primeiro perdeu a vista temporalmente, logo a audición nun oído e os problemas continuaron ata que un día non podía moverse e tivo que ser trasladado a Montecelo.

Jorge vota de menos ir ao ximnasio, pero entende que mentres non sexa seguro saír ás rúas non o fará. Mentres tanto el e a súa muller continuarán na súa casa facendo os seus exercicios para que ningunha enfermidade sexa capaz de frealos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí