Táboas na Lomba, nun derbi de alta intensidade

derbi250_301109.jpgSALNÉS> Arousa e Portonovo protagonizaron un choque igualado (1-1), de moita intensidade pero escaso futbol. Ó final, reparto de puntos que non contentou a ningún dos dous.

{flowplayer}images/salnes/derbi_301109.flv{/flowplayer} 

As traxectorias opostas de Arousa e Portonovo cruzábanse onte na Lomba, e como non podía ser doutro xeito, a cousa rematou en empate (1-1).

E iso que o partido púxoselles de cara ós de Rial moi cedo. Adrián Camiño perdeu un balón en campo propio e cometeu falta sobre Diego Cebreiro. Logo todo un especialista como Tinaia, encargábase de facer un golazo. Ían 4 minutos.

A partir de ahí o Arousa dominou, pero sen profundidade ante un Portonovo que decidíu esperar no seu campo para saír a contra. Ó cuarto de hora chegaba o primeiro aviso local cun disparo de Pablo que repelíu o pau.

O único perigo que levou o cadro branquiazul na primiera metade foi en dous rematesc oa testa de Comesaña. Ambos remataron nas mans de Kiko.

A segunda do Arousa chegou preto do descanso cun remate de Oliveira. O mesmo pau de antes evitou o empate.

Pero o partido puido quedar decidido na prolongación do primeiro acto se o colexiado tivera sinalado un penalti sobre Pablo, que semella non ofrecer dúbidas. Foi a única xogada polémica que puido cambiar o signo do encontro.

Xa na segunda metade os dous conxuntos quixeron combinar máis e facerse donos da pelota. Nese loita pareceu gañar o Portonovo que levou ó seu campo ó Arousa e a base de corners a piques estivo de facer o segundo. Tinaia avisou ata tres veces con lanzamentos moi pechados.

Pero o Arousa non quería deixar marchar os puntos e con loita e fe acadou o empate. Unha longa xogada de ataque que remata nos pés de Nelo. O seu centro foi cabeceado a gol por Vixo. Quedaba media hora por diante e calquera cousa podía pasar, pero o marcador xa non se movería.

Un puntiño para cada un; o Portonovo cae á cuarta praza e conitnúa preto dos de arriba mentres que o Arousa é décimo, lonxe da cabeza pero recuperando boas sensacións.

Redacción Salnés