Récord de participación na Media Maratón de Pontevedra

maraton250_011209.jpgSALNÉS> Máis de medio milleiro de participantes tomaron a saída da XIV Media Maratón Cidade de Pontevedra para percorrer os algo máis de 21 quilómetros dos que constaba a proba. Ó final, o máis rápido foi o portugués Nuno Costa.

Desafiando ó mal tempo e algúns con grandes doses de bo humor, 539 atletas tomaron a saída da Media Maratón Cidade de Pontevedra, dende as proximidades do Centro de Tecnificación Deportiva.

Este ano pese a contar con menos inscritos que na edición pasada a participación final batíu o record desta proba.

Ás 10:30 comezaba a carreira na había que completar 21.047 metros, divididos en dúas voltas a un circuito urbano marcado pola organización. O atleta de Oporto Nuno Costa foi o primeiro en chegar á liña de meta parando o crono en 1 hora 6 minutos e 48 segundos, unha das mellores marcas da historia da proba.

Un minuto máis tarde o poiés Rafael Fuentes, do Club Universidad de Oviedo, entraba segundo e gañaba así na categoría de veteranos. Tras el, practicamente pegado, remataba o marroquió Akka Essaadaqui. As cinco primeiras prazas completarónas o ourensán Iván Docampo e José Antonio Ramallo que tivo a honra de ser o primeiro atleta da Sociedade Gimnástica.

Outra portuguesa, Filomena Costa, impoñíase na categoría femenina cun termpo de 1 hora 14 minutos 37 segundos.

Unha vez concluída a proba os participantes déronse cita no pavillón do Centro de Tecnificación para recoller os seus premios. Xunto a eles estiveron presentes entregando os trofeos  o alcalde pontevedrés Miguel Anxo Fernández Lores, a edil de deportes Anxos Riveiro e Ramón Touza, presidente da Sociedade Gimnástica, club organizador da proba.

Redacción Salnés