Durán:’Danme igual as ameazas. Construirase o centro comercial’

    duran_copia100.jpgVILANOVA> O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, respondeu, esta mañá, ás duras acusacións vertidas polo consorcio de comercio de O Salnés sobre o Centro Comercial.

    {flowplayer}images/salnes/CENTRO_COMERCIAL_VILANOVA.flv{/flowplayer}

    Gonzalo Durán está moi molesto coas declaracións do consorcio de comercios. Destacou que os veciños de Vilanova sempre ían mercar a Vilagarcía e Cambados, e que é unha vergonza que estes comercios que viviron deles se queixen.

     O alcalde de Vilanova, recordou ó consorcio de comercios de O Salnés que o centro comercial vai potenciar a actividade da localidade, creando máis de 500 postos de traballo.

    Durán sinalou que este colectivo ameazoulle con ir falar con outros alcaldes da zona e, incluso, coa Xunta. Pero, engadiu, non van votar para atrás o proxecto do centro comercial pese a quen lle pese.

    O alcalde vilanovés sinalou que existe liberdade de mercado e que se poden construír centros comerciais en calquera parte. Pediulles que non sexan tan ignorantes con este tema.

    Gonzalo Durán engadiu que vanse potenciar as vendas dos pequenos comercios, moitos deles interesados en alquilar un local no centro comercial.

     Dende o Concello afírmase que están dispostos a chegar ós xulgados por defender a ilusión dos cidadáns de ter un centro comercial.

    Redacción Salnés