OUTES> Outes homenaxeou ó seu veciño Manuel Otero, único español falecido no Desembarco de Normandía. O acto, organizado por familiares do soldado e a asociación ‘The Royal Green Jacket’ desenvolveuse no cemiterio de San Xoán de Sabardes coa asistencia de numerosos veciños e autoridades.
O adro da igrexa de San Xoán de Sabardes, en Outes, acollía a pasada tarde a homenaxe a Manuel Otero, único español falecido no Desembarco de Normandía. Con este emotivo acto, a asociación ‘The Royal Green Jacket’ quixo lembrar a figura deste outense que emigrou moi novo a EEUU, onde acabou alistándose no exército. O presidente da Deputación participou na homenaxe a este soldado, cuxa historia foi recuperada grazas ó historiador Antonio Sende.
Ademais do alcade, Manolo González, e o presidente da asocaición ‘The Royal Green Jacket’, Manuel Arenas, sumáronse a este recoñecemento numerosos familiares e veciños que quixeron así render homenaxe a este heroe, ata hai pouco anónimo, que perdeu a vida por defender a democracia en favor dunha Europa libre e en paz.
O acto rematou cunha ofrenda floral ante a sepultura de Manuel Otero











