A ILLA> En setembro comezarán as obras de construción do novo pantalán para bateeiros no porto do Xufre, en A Illa de Arousa. A confraría acolleu un encontro entre Portos de Galicia, concello e representantes do sector para ultimar o proxecto desta nova infraestrutura, que xa foi adxudicada por un importe de 3 millóns e medio de euros.
O porto do Xufre contará cun novo pantalán destinado aos barcos bateeiros. O proxecto xa foi adxudicado por Portos de Galicia por un importe de 3 millóns e medio de euros, e os traballos arrincarán no mes de setembro.
O pantalán contará con 126 novas prazas destinadas a este sector. Neste encontro, Portos de Galicia recolleu ademais novas suxestións dos representantes dos bateeiros, co obxectivo de mellorar o proxecto.
Os traballos prolongaranse durante o inverno, e o seu remate dependerá en gran medida das condicións meteorolóxicas que se dean nos vindeiros meses.
Durán destacou que Galicia rematará o 2018 con preto de mil prazas de amarre novas construídas por Portos de Galicia.