![]()
VILANOVA> Como novidade, haberá unha sesión golfa nocturna e un rastrillo de material informático. Ademais, sortearanse consolas.
{flowplayer}images/salnes/PARTY_VILANOVA.flv{/flowplayer}
Vilanova será, esta fin de semana, o escenario dunha nova cita coa informática e a electrónica: chega a segunda edición WIFI da Arousa Party. Ata 68 megas serviranse a través da rede inalámbrica municipal para que a party se celebre con gran ritmo. O alcalde, Gonzalo Durán, animou a que todas as familias participen neste espazo de ocio.
O pavillón de deportes, dividirase en dúas zonas: a zona party, onde se instalarán os internautas con conexión ininterrumpida, e a zona de xogos, aberta á participación de toda a familia.
Como en edicións anteriores tamén haberá premios. Este ano sortearanse WII, Play Station e Nintendo DSi.
Os asistentes poderán probar novidades do mercado como a última versión de Call of Duty en red e Resident Evil para WII.
Redacción Salnés








