CAMBADOS> A COVID-19 lévase tamén por diante o Capítulo Serenisimo do Albariño de Cambados. Finalmente, a Orde decidiu suspender temporalmente o acto de investidura de cabaleiros e albariñenses de honra que se ía celebrar o domingo. Aseguran que toman esta decisión para seguir as recomendación da Xunta e garantir a seguridade sanitaria.
Presentárono o pasado luns e esta mesma tarde anunciaban a súa cancelación. Finalmente, este domingo en Cambados non haberá acto de investidura de cabaleiros e albariñenses de honra do Capítulo Serenísimo do Albariño. A suspensión débese ás actuais medidas contra a covid-19.
En nota de prensa, os organizadores explican que deste xeito queren seguir as recomendacións marcadas pola Xunta de Galicia e ampliar a garantía da seguridade sanitaria.
O luns xa anunciaran que o acto sería máis reducido e que se recoñecerían os sanitarios e as forzas de seguridade do EStado que traballaron durante a pandemia. Só se nomearían dous cabaleiros, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, e José Manuel Martínez Costas, investigador principal para a vacina da covid-19 na USC. En canto aos albariñenses de honra, serían representantes de entidades, asociacións e profesionais que estiveron en primeira liña contra a COVID.
Dende o Capítulo aseguran que non desbotan retomar a celebracion ao longo deste ano.
A decisión do capítulo chega despois de que o concello lles denegara o apoio loxístico que lles prestaba outros anos. O goberno aseguraba que a solicitude presentada non recollía as medidas de prevención contra a COVID-19 e cualificaban o mantetmento do acto como unha irresponsabilidade.