Temor en Portonovo tralo envelenamento de 8 mascotas na rúa

SANXENXO> Temor en Portonovo polo envelenamento de varias mascotas na rúa. Nos últimos meses ata 4 cans faleceron e outros tantos animais atópanse en mal estado. Os veciños xunto coas forzas de seguridade colaboran para atopar aos culpables.

Os donos de mascotas de Portonovo están asustados. Nas últimas datas numerosos animais domésticos foron envelenados. Os veciños por agora contabilizan 4 cans falecidos e outras catro mascotas en mal estado. O caso máis grave aconteceu o sábado, cando Yako, un boxer de 12 anos, pasou de estar correndo polo parque a falecer en menos de 24 horas.

Os veterinarios estudan os síntomas dos cans afectados e dos falecidos e, segundo indica o dono de Yako, son moi similares aos do veleno de rata.

As familias dos cans afectados denunciaron os feitos ante a garda civil e a polocía local. Lamentan que lles roubaron a un familiar.

Os donos das mascotas afectados e as forzas de seguridade traballan para intentar atopar aos culpables. As familias queren que alertar ao resto de veciños de Portonovo e Sanxenxo para que teñan coidado. O medo nótase na zona.

O acontecido en Portonovo non é un caso illado. Outras vilas da contorna denunciaron situacións similares. En Pontevedra apareceron 3 gatos envelenados na rúa dos cales dous faleceron. E en Cambados foron ata 8 os gatos atopados con intoxicación, 3 deles non puideron salvarse.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí