POTECESURES> A xunta de Galicia investirá máis de 40 mil euros na mellora da seguridade viaria na PO 214 ao seu paso por Pontecesures. A estrada é moi transitada por peóns ao atoparse preto dos centros escolares e formar parte do camiño de Santiago. O retraso da chegada de materiais obriga a aprazar o comezo das obras ata o mes de maio.
A xunta de Galicia vai dar resposta a unha demanda do concello de Pontecesures. Dende o goberno local, sinalaban a perigosidade dun treito da PO 214 próxima aos centros escolares da vila. Conscientes desta situación, a xunta mellorará a seguridade viaria na zona.
Por esa estrada tamén transcorre o camiño de Santiago, polo que a Xunta tamén creará un paso elevado para aumentar a seguridade dos peregrinos.
A xunta investirá ao redor de 48 mil euros nesta mellora da seguridade viaria que inclúe un semáforo, sinalización vertical, un paso elevado e catro redutores de velocidade.
A previsión era comezar as obras de inmediato, pero o retraso na chegada de materiais obriga a aprazala temporalmente. Dende a Xunta agardan poder comezala nun prazo máximo de 3 meses.