Aprehendidos máis de 4 kilos de heroína pura en Caldas

    xulgados_caldas100.jpgCALDAS> No mercado, esta cantidade superaría o millón e medio de euros. Está detido un cidadán albanés de 29 anos.

    {flowplayer}images/salnes/DETENCION_EN_CALDAS.flv{/flowplayer}

    A detención produciuse dentro da denominada Operación Olimpia, iniciada o pasado mes de outubro cando se tiña coñecemento da existencia, en Caldas de Reis, de individuos do este de Europa que importaban e distribuían grandes cantidades de heroína.

    Esta investigación conduciu á localización, o pasado xoves, do vehículo dun dos investigados, cando viaxaba a Madrid para recoller, presuntamente, unha partida de droga. O sospeitoso, de nacionalidade albanesa e residente en Caldas, foi interceptado no peaxe do Km 140 da AP9. T

    rala revisión do automóbil, un Mercedes Clase A, atopáronse debaixo dos asentos dianteiros oito paquetes, que alcanzaron un peso de máis de 4 kilos. Estes convertíanse, cortados, en 15 kilogramos que poderían dar lugar a unhas 150.000 doses cun prezo no mercado de un millón cincocentos noventa mil euros. No rexistro do domicilio en Caldas atopáronse dous sacos con máis de 28 kilogramos.

    O detido, que ten antecedentes por tráfico de drogas, asociación ilícita e malos tratos, foi posto a disposición do Xulgado número dous, de Caldas de Reis, que decretou o seu ingreso en prisión.

    Redacción Salnés