O Belén de Chuco: 25 metros cadrados de nacemento con figuras e circuítos motorizados

RIBADUMIA> Un veciño de Ribadumia ten na súa casa un Belén que non deixa a ninguén indiferente. Ten unha superficie de 25 metros cadrados. Ademais de multitude de figuras en movemento, o nacamento conta circuíto motorizado polo que van desfilando, entre outros, os Reis Magos. O seu creador xa anda a traballar en novas melloras, con vista a incorporalas para o Nadal de 2024.

Á vista está que este Belén non ten nada que envexarlle a outros dos grandes nacementos que temos en Galicia. Está situado en Ribadumia e a súa singularidde é que se trata dun Belén privado, instalado nunha casa particular. Todo comezou, hai agora uns 20 anos, a petición dun dos seus netos.

E aquel anaquiño foi medrando ata acada-los 25 metros cadrados que ten hoxe. Ano a ano Chuco vaille engadindo novos elementos.

Unha ampliación que supuxo tamén incorporarlle un circuíto motorizado por onde van desfilando distintas figuras, entre elas os tres Reis Magos.

Chuco está especialmente orgullodo do resultado desta vía que leva ás figuras ata o Portal de Belén. Para conseguilo leva traballando dende comezos deste ano.

Así que o segredo de cómo conseguiu montar todo isto queda de momento gardado. O que si conseguimos que nos contase Chuco son os seus plan de futuro. Para o Nadal de 2024 quere incorporarlle un segundo circuíto.

Pero ata daquela, por aquí aínda van pasar moitas persoas. Porque aínda que esta sexa unha vivenda particular, na casa están encantados con que a xente veña visita-lo seu Belén.

Así que xa saben, aquí en Ribadumia agardan por todos vostedes na casa de Chuco para admira-lo Belén e pasar unhas boas festas en boa compaña.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí