‘Boas noites, Vilagarcía’: un libro que invita a soñar

    boas_noites_vilagarcia_copia100.jpgVILAGARCÍA> As instantáneas reflexan os lugares máis míticos da cidade a través da luz da lúa e da iluminación artificial

    {flowplayer}images/salnes/TEOFILO_COMUNICACION.flv{/flowplayer}

    Despois de fotografar cidades como Ourense ou Santiago, chega o turno á Perla de Arousa O libro Boas Noites Vilagarcía, presenta a cidade como unha musa que non estamos acostumados a ver cada día. Todo un proxecto de forza espiritual que ten un obxectivo solidario. Os beneficios trasladaranse á fundación Proxecto Home.

     A soidade, a tranquilidade o silencio están recollidas nunhas fantásticas fotografías que invocan soños, pensamentos e meditacións.

    A iniciativa que ten en marcha Teófilo Comunicacións é realizar un libro con instantáneas de toda Galicia, para presentalo na Feira de FITUR o próximo 20 de xaneiro.

    Os libros das anteriores cidades fotografadas están agotados e espérase ter a mesma acollida en Vilagarcía. Os próximos proxectos son Lugo, A Coruña, Vigo e Ferrol.

    Redacción Salnés