![]()
CAMPO LAMEIRO> Tamén se remodelaron as instalacións deportivas con novos vestiarios e gradas, ademais da dotación de material de xogo, desde porterías a un marcador, bancos para suplentes ou bandeirolas de córner. Este proxecto encádrase dentro do Plan de Infraestruturas Deportivas impulsado pola Deputación de Pontevedra.
{flowplayer}images/salnes/211209_campo_futbol_campolameiro.flv{/flowplayer}
104×61 metros. Estas son as dimensións do campo de fútbol de Campo Lameiro que conta xa con herba artificial e unha imaxe renovada. Así o puideron comprobar onte os xogadores dos equipos locais durante a inauguración das instalacións. En total investíronse máis de 600.000 euros en acondicionar este espazo deportivo. 276.000 destináronse ó terreo de xogo, no que ademais do céspede artificial se realizou unha profunda drenaxe e se instalaron canaletas para a recollida de auga, rego automático e redes de protección.
Deputación de Pontevedra e concello financiaron conxuntamente a actuación, que se completou coa mellora doutras instalacións do recinto, como os vestiarios e as gradas. O campo de fútbol conta tamén con novo equipamento deportivo: un xogo de porterías fútbol once, dous de fútbol sete abatibles, bandeirolas de córner, bancadas para suplentes, un marcador e 200 asentos. A remodelación deste campo de fútbol encádrase dentro do plan de Infraestruturas deportivas da Deputación, polo que se pretende dotar de céspede artificial a máis de 70 campos de toda a provincia, 58 xa inaugurados.
Redacción Salnés









