O Director Xeral de Emerxencias supervisa o traballo dos policías en prácticas en Porto do Son

PORTO DO SON> Porto do Son conta este verán con cinco novos policías. Trátase de dous auxiliares e tres axentes en prácticas. O director xeral de Emerxencias mantivo esta mañá un encontro con estes últimos para coñecer como están a desenvolver os seus labores durante este período formativo.

O director xeral de Emerxencias da Xunta desprazouse esta mañá ata Porto do Son para coñecer o labor que desenvolven os policías en prácticas que este verán desenvolverán o seu traballo na localidade. Son tres os axentes que se incorporaron neste mes de xullo para realizar as prácticas antes de volver á academia para finalizar o período de formación.

O alcalde destacou o gran labor que están a realizar os novos axentes nunha época onde é moi necesario o reforzo ante o incremento de poboación que rexistra o municipio durante a tempada estival.

Ademais dos axentes en prácticas, o concello conta durante o verán con dous policías auxiliares.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí