A falta de acordos achega a Alfageme ó concurso de acreedores

    fin_alfageme_copia.jpgSALNÉS> A familia Lago, propietaria da conserveira, négase a vender as catro plantas. Sen embargo, cambiaría de opinión se ofrecen 39 millóns de euros polo grupo.

    {flowplayer}images/salnes/ALFAGEME.flv{/flowplayer}

    Decepcionados. Así se atopan os traballadores da conserveira Alfageme trala reunión mantida este mediodía na Consellería de Industria entre Javier Guerra, o director IGAPE e os sindicatos. Tras loitar con todas as súas forzas para manter en funcionamento a empresa, todo apunta a que a única solución sexa a lei concursal. Segundo Rosa Abuín, a familia Lago pide máis de 39 millóns de euros para vender, unha cantidade que ninguén está disposto a pagar.

    Os ánimos están polo chan. Os empregados saben que entrar no concurso de acreedores supón, na maioría dos casos, a liquidación da empresa.

    Aínda quédalles por cobrar o mes de febreiro e media paga de decembro, ingresos que xa dan por perdidos xa que os propietarios afirman non ter liquidez. Abuín denuncia que esta é unha estratexia da familia Lago para entrar na lei concursal.

    Dende a CIG afírmase que ós propietarios só lles interesa salvalo grupo inmobiliario e os terreos industriais e deixar fóra á conserveira.

    Rosa Abuín culpa da desaparición de Alfageme, non só á familia Lago directamente, senón tamén ás institucións e ó pouco apoio das entidades financeiras.

    Redacción Salnés