Zona Aberta reparte 3 mil euros en vales compra aos tres gañadores da campaña do Nadal

VILAGARCIA> A asociación de comerciantes Zona Aberta de Vilagarcía entregou os premios aos tres gañadores do seu sorteo de nadal. En total, a asociación repartiu 3 mil euros en vales compra para gastar nos comercios asociados. A gañadora do primeiro premio foi Mari Carmen Rietz coa compra dun agasallo para o seu neto na tenda Koala Vila.

O pasado domingo, Zona Aberta poñía o punto e final á súa campaña de nadal co sorteo de 3 mil euros en vales compra. Repartidos en tres premios diferentes, a asociación de comerciantes de Vilagarcía repartiu este mércores os agasallos entre os tres gañadores. A premiada coa máxima recompensa, 1500 euros, foi Mari Carmen Ritz, que fixo a súa compra na tenda Koala Vila.

O segundo premio, 1000 euros en vales compra,  foi para María Santarmía coa súa compra en Alqo Can.

E o terceiro premio, valorado en 500 euros, foi para Nerea coma súa compra na Libraría Arosa. A súa tía recolleu o premio.

Os agraciados xa pensan en que gastar os vales compra dos premios.

A campaña de Nadal tivo un gran éxito en Vilagarcía. Numerosas persoas se animaron a facer as súas compras no comercio local e participar nesta promoción.

A campaña realízase nun momento clave para as vendas dos comercios. Esta promoción axudou a que os comerciantes salvaran un nadal no que temían que se reducira o gasto.

Zona aberta continuará realizando máis campañas para premiar aos seus clientes. Mentres os comercios xa están somerxidos noutro momento clave para as súas vendas como son as rebaixas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí