![]()
SALNÉS> Esta fin de semana paráronse as ligas na maioría das competicións, como no futbol. Queremos por tanto repasar os que foron os mellores goles vistos no campo do Salnés neste primeiro tramo de temporada. Nós escollimos estes cinco.
{flowplayer}images/salnes/futbol_281209.flv{/flowplayer}
Número 5: testarazo inapelable de Ero. O atacante do Portonovo entra con todo para facer o primeiro da tarde na victoria do seu equipo por 2-0 ante o Barbadás.
N.4: Jacobo do Alondras define á perfección unha gran xogada colectiva.
N.3: para Roberto porque tres foron os toques que precisou o Céltiga para facer este golazo ó contraataque. Marcos saca en longo, Hugo gaña na carreira ó seu par e pon un pase da morte que é rematado por Roberto.
N.2: Tinaia de falta e á escadra. Inaparable. Este golazo valeu un punto no derbi da Lomba.
N.1: golazo de Hugo Soto nun dos mellores partidos dos últimos anos no Salvador Otero. Vaise de dous e remata a xogada con mestría. Logo, pese a a errar un penalti, meteu outro e asistíu no terceiro. O de Vilaxóan sería fundamental para a victoria do seu equipo ante o Lalín por 4-3.
Redacción Salnés







