Tito Díaz ve improbable que o Extrugasa se reforce

tito250_311209.jpgVILAGARCÍA> O Extrugasa visita ó líder da LF2, o Ensino, coa intención de desbancalo dese posto privilexiado. Falamos deste partido co técnico Tito Díaz, así como da improbable chegada dun reforzo neste mercado invernal.

{flowplayer}images/salnes/extrugasa_311209.flv{/flowplayer} 

Todo indica  que o reforzo para o xogo exterior demandado hai tempo por Díaz non vai chegar. O plus que o Extrugasa recibíu por parte do Plan Xacobeo de 34.000 euros será destinado a sanear as maltrechas arcas dun club que sofre hoxe o esforzo económico baldío feito o ano pasado.

O técnico lucense sabe por tanto que terá qiue rematar a temporada co que ten; pero iso non lle preocupa porque ve en moi boa disposición ás súas xogadoras.

O rival que toca agora é se cadra o máis duro co que se pode atopar este ano, o Ensino, deseñado para o ascenso. Un equipo forte, alto, que é líder con tan só unha derrota en doce xornadas e que conta co apoio do público nos seus partidos como local, non en van acoden unha media mil persoas a ver os encontros. Con todo, Díaz cree nas opcións de victoria do Extrugasa.

O encontro dará comezo ás 12:30 do domingo. Será xa 3 de xaneiro de 2010; un ano novo para o que Tito Díaz pide o mesmo que quere o afeccionado: o ascenso.

Redacción Salnés