O SALNÉS> A Mancomunidade do Salnés volveu organizar un encontro con representantes do tecido empresarial chinés en España. O acto tivo lugar nun restaurante do centro de Madrid, no que estiveron presentes alcaldes e concelleiros de toda a comarca.
O empresariado da China fala dunha relación de amizade co Salnés, coa vista posta en sectores económicos estratéxicos da comarca como o turismo, a conserva ou o viño. Destacan os avances conseguidos no último ano para estreitar os lazos.











