A Deputación estable un tempo de adaptación ás taxas da recollida do lixo

     PONTEVEDRA> A xestión unificada do Plan de Residuos pola Deputación de Pontevedra segue adiante a día de hoxe cun total…

    {flowplayer}images/salnes/deputacion_recollida_lixo.flv{/flowplayer}

    … de vintetrés Concellos que xa confirmaron a súa adhesión ó mesmo. Entre os Consistorios que están de acordo con esta fórmula destacan principalmente os pequenos da Provincia e que están en man dos populares aínda que tamén aqueles que están en mans do BNG como o de Pontevedra tamén deron o seu visto bo ó proxecto; ó contrario que os socialistas.

    Segundo os primeiros acordos, os Concellos participantes terán un prazo de adaptación para unificar as taxas polo servicio que serán reaxustadas a posteriori segundo o volume de lixo producido por cada quen.

    A cuantía do cobro será estimada en base a tres parámetros, pero xa se adiantou que aqueles que máis reciclen sairalles a recollida máis barata, amais dos beneficios medioambientais que conleva. Continúan pois as conversas baixo o chamamento da Deputación de que se posterguen as cuestións partidistas para que este proxecto poida saír adiante canto antes.

    Redacción Salnés