Os alumnos do IES Vilalonga aprenden a lección máis importante

    Os alumnos do IES de Vilalonga, en Sanxenxo, asistiron a unha das clases máis importantes do curso, porque que lles poderá axudar a salvar vidas. Esta mañá acompañamos ós rapaces nunha xornada de reanimación cardio pulmonar. Reaccionar nunha situación de emerxencia e poder salvar a vida dunha persoa en parada cardiorrespirtatoria, é unha capacidade que todos deberiamos aprender. Por iso, alumnos de Bacharelato e da ESO do Instituto de Vilalonga, en Sanxenxo, recibiron esta mañá un Masstraining, o que vén sendo un adestramento de masas, por parte de profesionais dos servizos de urxencias. Organizada pola SEMES, Sociedade Española de Mediciña de Emerxencias, a sesión dividiuse en dúas partes, a teórica e a práctica. Nesta segunda fase foi cando se dividiron en grupos pequenos para experimentar unha situación real de auxilio. O traballo en equipo e manter a calma, é esencial en situacións de emerxencia. E clases coma ésta que interrompen momentaneamente as rutinas do instituto, son tan importantes para concienciar á mociedade de mensaxes coma ésta. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/05/curso_reanimacion_vilalonga_05042017_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/05/curso_reanimacion_vilalonga_05042017.mp4{/flowplayer}