RIANXO> A actuación iniciada esta semana é a primeira fase dun proxecto máis amplo que busca, en tres fases, a renovación total das luminarias de todo o paseo marítimo rianxeiro para garantir o seu uso e disfrute por parte de toda a veciñanza durante todo o ano e en condicións de seguridade.
O proxecto no seu total conta cun orzamento duns 90 mil euros.
Esta primeira fase permitirá renovar o tramo comprendido entre Setefogas e A Carballeira.
As luminarias actuais serán substituidas por outras de maior eficiencia enerxética que empregarán tecnoloxía LED, o que suporá ademais unha diminución considerable da factura eléctrica.
Dende o Concello ven necesaria esta actuación despois de moitos anos sen realizar tarefas de mantemento nel, que deberá ser completada posteriormente coas melloras do firme e o mobiliario en todo o paseo.











