![]()
GROVE > O edificio de Deportes Náuticos de O Grove foi escenario esta mañá dunha comparecencia ante os medios de comucación dos membros de ADM, Asociación de Deporte Meco. Alí estaban representados os clubs máis importantes da vila que din estar fartos de non dispor das infrestructuras deportivas que durante anos se lles leva prometendo.
{flowplayer}images/salnes/adm_070109.flv{/flowplayer}
A Asociación Deporte Meco tomou cartas no asunto para que as infraestructuras deportivas do Grove poidan estar canda menos á altura das de calquera outro concello da comarca. A débeda que as administracións teñen coa vila é case que histórica. É difícil lembrarse cando se comezou a pedir unha piscina que aínda non existe pero é sinxelo darse conta que o pavillón non se atopa en condicións óptimas.
Hai meses semellaba que o proxecto ía coller impulso unha vez se acadaron os terreos para levalo a cabo, unha parcela de 5.000 metros cadrados detrás do campo de Monte da Vila. Vendo que dende aquela non se deron pasos adiante, dende ADM puxéronse mans á obra para reclamar o que é seu.
Tras unha reunión satisfactoria con representantes do concello agora pretenden seguir sumando apoios por parte do resto de administracións.
Na comparecencia desta mañá estaban representados entre outros o Unión, Amanecer, Breogán, Remo Mecos ou Baloncesto Meco entre outros. Todos coincidiron en apuntar que o que lles une nesta movilización é un interés deportivo.
Esta mañá presentaron por correo certificado as solicitudes de entrevistas co delegado provincial da Xunta, o Secretario Xeral para o Deporte e co Presidente da Deputación de Pontevedra.
Redacción Salnés






