Louzán: ‘O xeo case me fai saír da estrada. Moita precaución’

    deputacion_copia100.jpgPONTEVEDRA> O presidente provincial indicou as medidas que se están a levar a cabo nas estradas polo mal tempo. Ademais, falou do Plan Anticrise e do Turismo.

    {flowplayer}images/salnes/RP_DEPUTACION.flv{/flowplayer}

    A Xunta de Goberno reuniuse esta mañá con varios puntos no seu programa. Aprobáronse as primeiras medidas anticrise do ano cunha dotación dun millón de euros. O obxectivo deste investimento, é poñer en marcha varias obras para finais de xaneiro principios de febreiro que axuden a saír da mala situación laboral que vive o país. Tamén se presentaron as iniciativas que a Deputación está levando a cabo para despexar a neve e o xeo das estradas.

    Rafael Louzán recomendou moita precaución nas redes viarias con este mal tempo. O presidente da Deputación recoñeceu que estivo a piques de saírse da estrada de camiño a Pontevedra.

    Na Xunta de Goberno, tamén tratouse a participación de Turismo Rías Baixas na Feira de Turismo de Madrid. Está previsto que se realicen entre 20 e 25 presentacións dos concellos da zona, co obxectivo de vender un turismo de calidade.

    Tras FITUR, a Deputación reunirase con todo o sector turístico para trazar as novas liñas de actuación para os vindeiros anos.

    Redacción Salnés