A menos dun mes para a festa do carneiro ao espeto a carballeira de Moraña estrea novo alumeado

MORAÑA> A menos dun mes da celebración da festa do carneiro ó espeto, Moraña conta con novo alumeado na carballeira de Santa Lucía, onde se celebra o evento.  A actuación, que busca a integración dos farois entre as árbores, foi posible grazas a unha subvención da Xunta. Esta mañá supervisou as melloras o vicepresidente do executivo galego.

É un dos epicentros da actividade pública do Concello de Moraña, pero ata o de agora carecía de luz. A carballeira de Santa Lucía, estrea novo alumeado, a menos dun mes para a celebración da festa do carneiro ó espeto.

O proxecto levado a cabo busca integra-los farois coa contorna. A luz diríxese cara os árbores, enxalzando o porte dos carballos durante a noite. A actuación foi posible grazas a unha axuda da Xunta. Dos 42.000 euros que custou o proxecto, a subvención do goberno galego cubriu o 80% do gasto.

Na mesma liña,o vicepresidente da Xunta. Alfonso Rueda salienta que estas partidas roldan os 3 millóns de euros ó ano, cantidade que permite a moitos concellos poñer en marcha proxectos que, doutro xeito, resultarían inviables.

O vicepresidente e a alcaldesa aproveitaron tamén para supervisa-las obras que se están a acometer no mercado de abastos do municipio. A mellora consiste na substitución da cuberta da praza, un proxecto para o que se destinan preto de 180.000 euros.