Rematadas as melloras de accesibilidade do polígono industrial de Catoria

CATOIRA> As melloras de accesibilidade ao polígono industrial de Catoira xa están rematadas. O proxecto desenvolveu un quilómetro de senda dende a avenida Muíños de Vento ata o polígono industrial. A obra tivo un custo de 119 mil euros.

A xunta de Galicia investiu ao longo dos últimos meses na mellora das infraestruturas dos polígonos industrias da provincia. En canto aos concellos da contorna desenvolvéronse ou estanse a desenvolver traballos en Cambados e Ribadumia, Vilagarcía e Catoira. Nesta última vila as obras xa está rematadas. O proxecto mellorou un quilómetro de senda e tivo un investimento de 119 mil euros.

Con esta mellora búscase dinamizar a actividade no polígono industrial de Catoira.

Tanto o concello como a xunta advirten que o alto prezo do metro cadrado no polígono non axuda a que se instalen máis empresas. Sinalan que a baixa dos custos depende do goberno central que non está disposto a reducir os prezos.

O alcalde adiantou que están traballando para que unha nova empresa se instale no polígono pero polo de agora, non deu máis detalles.