Guillermo, o mariñeiro meco que sobreviviu no mar nadando ata unha batea

O GROVE>  O noso seguinte protagonista aínda vive co medo no corpo. Chámase Guillermo, é do Grove e acaba de sobrevivir a un naufraxio. Despois de caer da súa embarcación, o mariñeiro nadou ata unha batea. Alí, a piques de sufrir unha hipotermia, pediu axuda a berros. Acabou sendo rescatado por outra embarcación.

Imaxínense que teñen que escoller entre estas dúas opcións: tentar volver á lancha da que acaban de caer ou nadar ata unha batea. Un mariñeiro do Grove escolleu esta última e iso salvoulle a vida. Estaba a traballar na contorna de Punta Cabreira, preto da illa da Toxa, cando esvarou e foi á auga.

Guillermo recoñece ter vivido momentos de moita angustia e desesperación.

E esa axuda tardou unha hora en chegar. Nese tempo, xa enriba da batea, Guillermo estivo a piques de sufrir unha hipotermia. Para entrar en calor quitou a roupa mollada e, mentres frotaba as pernas e os brazos, berraba pedindo socorro.

Os seus berros foron escoitados por un equipo de seguridade privada da Toxa, que chamou ó 112. Con todo, o home acabou sendo rescatado poucos minutos despois por outra planadora. Agora, recoñece que non lle ten máis medo o mar, pero si respecto.

Guillermo leva 17 anos indo ó mar. Este é o primeiro contratempo que sofre. Por sorte, rematou con final feliz.