RIBEIRA> Ribeira acollerá o domingo 29 de decembro a súa BTT de Nadal, unha proba xa consolidada que chega este ano a súa catorce edición.
A proba, que será libre e cun carácter non competitivo, arrancará ás nove da mañá dende o complexo deportivo da Fieiteira.
A BTT está organizada polo Concello en colaboración co Club Os Saltamontes, Arousa NeO e a asociación de veciños de Carreira e nela haberá dous percorridos, un de trinta e outro de corenta quilómetros.
As inscricións están aínda abertas podéndose realizar ata o vindeiro 23 de decembro a través da páxina de cronotec. O prezo da inscrición será de dez euros.