CATOIRA> Mobilización da Plataforma SOS Sanidade Pública do Salnés en Catoira. A concentración tivo lugar ás portas do centro de saúde da vila, con motivo do Día Mundial da Atención Primaria. Alí reivindicaron a importancia da loita social para frear os recortes e recuperar servizos perdidos. Mostra diso, defenderon, as protestas da veciñanza de Catoira, un municipio que leva moito tempo arrastrando problemas no seu ambulatorio e que está recuperando servizos.
A Plataforma SOS Sanidade Pública do Salnés saíu á rúa este luns, no día despois da conmemoración do Día Mundial da Atención Primaria. Desta volta levaron a súa protesta ás portas do centro de saúde de Catoira. Un municipio que leva moito tempo arrastrando problemas de persoal no seu ambulatorio.
O foco téñeno posto agora na atención de pediatría, servizo que só se ofrece en Catoira catro horas á semana.
Con todo, a situación neste ambulatorio é menos mala agora que hai un ano. Reivindican a presión social como ferramenta para defender a saúde pública.
A deputada nacionalista defende que a atención primaria é fundamental no sistema sanitario porque é nela onde se resolve entre o 80 e o 90% das necesidades médicas. Prado denuncia tamén problemas noutros puntos da zona, como Vilagarcía ou Cambados.
E tamén denuncia o pésimo estado da infraestrutura do centro de saúde do Grove a demora na construción do novo ambulatorio de Vilagarcía.











