‘Conviría convocar unha comisión de seguimento máis que a Mesa do Viño’

    JUAREZCOPY.jpgSALNÉS> O Conselleiro do Medio Rural facía estas declaracións durante a visita á finca experimental Pé Redondo de Martín Códax.

    {flowplayer}images/salnes/FINCA_EXPERIMENTAL_MARTIN_CODAX.flv{/flowplayer}

    O Conselleiro do Medio Rural aclarou, en primeiro termo, que convén diferenciar que a Mesa do Viño non debe interferir no funcionamento dos órganos de seguimento dos acordos. E son estes órganos os que teñen que vixiar se se cumpren ou non os contratos. Neste senso, engadiu que máis que a convocatoria da Mesa, procedería a xuntanza dunha comisión de seguimento.

    Directamente relacionado, Juárez matizou que se deben respectalas normas estipuladas polos Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe. No caso das Rías Baixas, os copos á produción é unha delas. E non é unha política da Consellería, senón unha lei que hai que cumprir.

    O titular do Medio Rural facía estas declaracións durante a visita á finca experimental Pé Redondo de Martín Códax onde se realizan diferentes investigacións de cara a coñecer de preto o comportamento da vide en diversas condicións.

    Redacción Salnés