Os arqueólogos volven a Cálago na procura de novos restos

VILANOVA> Retómanse os traballos arqueolóxicos no xacemento de Cálago, en Vilanova. Estanse a centrar na zona na que o ano pasado atoparon restos humanos do século V ou VI Despois de Cristo. A idea é afondar nesa zona, na procura de novos vestixios. Os traballos vanse prolongar, polo menos, durante unha semana.

Os arqueólogos volven traballar en Cálago. Esta mañá retomáronse as excavacións no xacemento vilanovés na procura de novos restos na contorna zona xa explorada o ano pasado.

Un espazo, no que xa se atoparon restos humanos, do coñecido popularmente como ‘Ventura’, e que de seguro aínda agocha moitos segredos. Esa zona tamén ocultaba restos dun concheiro.

Esta mañá, coincidindo co inicios dos traballos, visitaba a zona o alcalde de Vilanova.

Os traballos arqueolóxicos vanse prolongar, polo menos, unha semana.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí