Unha avería obriga ó equipo galego a abandonar o Dakar

dakar250_130110.jpgSALNÉS> José López Rivas e Joan Rubí víronse na obriga de abandonar na oitava etapa do Dakar Arxentina – Chile logo de sufrir unha avería irreparable no seu Mitsubishi L200.

Dende o Dakar Arxentina-Chile non nos chegan boas novas. A falta de catro etapas para finalizar o raid máis duro do mundo,  o galego José López Rivas e o seu copiloto Joan Rubí víronse na obriga de abandonar.

Foi na disputa da novena tirada entre Copiapó e La Serena, en Chile. Segundo o propio Rivas, no enlace de 400 kilómetros camiño de La Serena rompéuselles o tránsfer e o seu Mitshubishi non se movía e tampouco tiñan opción de reparar a grave avería. Isto sucedía a pouco da saída en Copiapó e tras ter atravesado unha extensa zona de dunas.

Nesta etapa quedaban tan só en competición 60 dos 140 coches que principiaran o raid, e o equipo galego era un dos tres españois sobrevivintes.

Con todo, este foi o mellor resultado do equipo París Dakart en tódalas súas participacións e, pese á decepción, din irse coa tranquilidade de terse esforzado ó máximo e convencidos de que no 2011 volverano a intentar.

Redacción Salnés