A Estratexia de Mobilidade 3.0 chegará á estrada provincial de San Vicente

    O GROVE> A Deputación de Pontevedra actuará na estrada provincial de San Vicente, en O Grove. Administración provincial e concello asinaron hoxe o convenio que rexerá as obras integrais de seguranza viaria e mobilidade sostible. Segundo o documento contarán cun orzamento de máis de 540 mil euros, e estarán rematadas na primavera de 2018. A Deputación de Pontevedra actuará na estrada provincial de San Vicente de O Grove. O proxecto executarase en 877 metros da vía, dividindo o espazo en tres treitos. No primeiro e no terceiro, crearase unha senda de 2,5 metros de longo para o tránsito peonil e ciclista, coa velocidade limitada a 30 quilómetros por hora. No segundo, apostan pola plataforma única. Será unha intervención integral de seguranza viaria e mobilidade sostible, no marco da Estratexia de Mobilidade 3.0. Tamén contempla a posta en valor do entorno da igrexa de San Vicente. O convenio supón un investimento de máis de 540.000 euros, dos que a Deputación financia o 80%. A intención é que as obras inicien canto antes, e terán un prazo de execución de 4 meses. O goberno provincial resaltou que as obras xa contan cos terreos precisos para a mellora e cos permisos de Patrimonio. Un xeito de facer que, aseguran, os distancia do anterior executivo. Tamén destacaron que o proxecto naceu da petición do propio concello, que busca atender unha vella demanda dos veciños de San Vicente.