O SPAD compartirá edificio coa Unidade de Saúde Mental

    spad_vilagarcia100.jpgVILAGARCÍA> O Concello de Vilagarcía calcula que en dous ou tres meses xa poderá abrir de novo o edificio do SPAD, …

    {flowplayer}images/salnes/spad_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> O Concello de Vilagarcía calcula que en dous ou tres meses xa poderá abrir de novo o edificio do SPAD, situado na rúa Juan Carlos I.

    Desde outubro estase a reformar este edificio que tamén acollía laboratorios da Consellería de Sanidade. Ademais do SPAD, neste inmoble tamén se instalará unha unidade ocupacional, que opera actualmente no edificio do Obradoiro de Emprego da rúa Matosinhos, e ademais, o centro de saúde mental que está agora na Casa do Mar.

    A obra conta cun presuposto de preto de 404 mil euros e está incluída nun convenio entre o Concello de Vilagarcía e a Consellería de Sanidade. O obxectivo é unificar estes servizos, que comparten usuarios. O Concello indicou que pese ó atraso no inicio das obras, se van rematar dentro do prazo previsto.

    Redacción Salnés