PONTEVEDRA> Pontevedra segue a estreitar a súa relación co deporte. Desta volta, a través da tecnoloxía. Os días 13, 14 e 15 de xuño a cidade será o escenario do segundo congreso Galicia Sportech, o maior evento de transformación dixital no deporte do noroeste peninsular. Máis de 60 relatores de primeiro nivel forman parte da programación.
As últimas tendencias e avances da innovación dixital no mundo deportivo analizaranse en Pontevedra. Os días 13, 14 e 15 de xuño a cidade acolle o congreso Galicia Sportech, que cumpre a súa segunda edición.
Máis de 60 relatores xa están confirmados na programación. As sesións poderán seguirse de xeito gratuíto, ben de xeito presencial ou online. Hai 400 prazas para participar dende a sede de Afundación, que acolle a cita. A día de hoxe xa hai máis de dous milleiros de inscritos para seguir os relatorios de xeito remoto, sobre todo de Latinoamérica.
Neste congreso participan pefís que lideran a transformación desta industriae os Hubs internacionais máis importantes. Ademais contarán coa testemuña de deportistas profesionais, como Teresa Portela ou Antonio Serrat.
Tamén participarán presidentes e representantes de federacións e entidades referentes de todos os deportes.